Koordináták 3209

Uploaded 2018. június 15.

Recorded június 2018

-
-
934 m
430 m
0
6,2
12
24,79 km

Megtekintve 128 alkalommal, letöltve 3 alkalommal

közel San Torcuato, Galicia (España)

Baseándonos na primeira etapa da andaina de Allariz, feita en abril de 2017, fixemos nós esta.

Iniciámola nun aparcadoiro que hai preto da Igrexa de San Trocado. Camiñamos uns metros pola estada OU-300. De seguido atopamos as sinais que nos mostraba o camiño a seguir. Estas sinais vannos acompañar durante a maioría de noso traxecto, posto que algo o variamos.

Un primeiro tramo de subida lévanos durante seis quilómetros por sendeiros enchidos de beleza, rodeados de árbores autóctonos e carballeiras, cruzando soamente o lugar de Pumares, ata chegar a un pequeno pozo regado polo regato da Forma que segundo nos informa un paisano do lugar, chegaba dabondo para o rego das fincas que fai moitos anos dedicábanse á agricultura.

Un pequeno tramo de baixada, lévanos ata o lugar de Penamá. Agora toca subir outra vez, esta máis pronunciada ata chegar o cumio do monte do mesmo nome que o lugar, Penamá. Tocamos o punto xeodésico onde o noso GPS marcaba unha altitude de 930 metros. Levábamos camiñando oito quilómetros.

Agora toca descender. Continuamos vendo paisaxes moi fotográficos. O sendeiro vólvese pista que atravesa unha zona de verde campiña para o alimento dos animais, aínda que só atopamos unha boa cantidade de burros, que tamén nos dixeron que abundaban nesta zona.

Chegamos ao lugar de O Salvador, onde se atopa a Igrexa románica, San Salvador dos Penedos. Un bonito lugar con recentes construcións de alpendres ao redor da igrexa. Estamos no quilometro 14.

Continuamos descendendo, cruzamos os lugares de Paicordeiro e Roimelo, moi preto xa de Allariz.

Entramos en Allariz e o primeiro que nos atopamos é a Igrexa de San Pedro, estilo románico do século XII, consagrada en 1170, conservándose a ábsida cuadrangular e os canecillos que soportan o beirado. A torre campanario tamén é medieval.

Un paseo polo casco histórico antes de dirixirnos ao restaurante A Horta para repoñer forzas e continuar pola tarde.

Despois de xantar continuamos polo casco histórico, atopándonos con unha boa cantidade de igrexas, a de San Bieito pegada ao convento de Santa Clara, a de Santiago, a do Santo Estevo e a de Santa María de Vilanova. Dirixímonos cara a ponte románica de Vilanova sobre o Río Arnoia, que era a principal vía de acceso. Estaba defendido polos cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. Conserva dous grandes arcos de medio punto, lixeiramente apuntados, propios do medievo. Nos arredores de ponte hai un relaxante paseo e unha gran zona de esparexemento con xardíns e áreas de xogos.

Se picamos co rato sobre Allariz, podemos ver a páxina do Concello con toda a información.

Nós continuamos o que nos queda por percorrer ata o inicio, pola beira dereita do Río Arnoia. Un precioso paseo chairo ata o luar de A Portela. A partir de aquí, por un camiño empedrado con algo de auga, percorremos os últimos quilómetros que nos quedan.

Unha fermosa ruta, apenas ten asfalto, agás o percorrido por Allariz. Camiños cheos de árbores, todos eles autóctonos. Merece moito a pena volver a facela.

O tempo en movemento que marca o Gps foi de 6 horas 36 minutos, con unha media de 3,8 quilómetros hora.
Waypoint

A Ponte do Foxo

Waypoint

Cumio de Penamá

Waypoint

Asno con chip

Waypoint

Campiña

Waypoint

Carballos vellos e novos

Waypoint

Cartel a festa do boi

Waypoint

Carteis informativos en Allariz

Waypoint

Carteis no interior da fábrica

Waypoint

Casa do Concello Allariz

Waypoint

Convento Santa Clara

Waypoint

Fábrica de curtidos Nogueiras

Waypoint

Santuario San Bieito

Waypoint

Igrexa románica de Santiago

Waypoint

Igrexa San Martiño de Pazo

Waypoint

Igrexa San Pedro

Waypoint

Igrexa San Trocado

Waypoint

Igrexa Santa María Vilanova

Waypoint

Igrexa Santo Estevo de

Waypoint

INICIO Igrexa San Trocado

N42.17918° W7.84486°
Waypoint

Pandilla de burros

Waypoint

Parrillada Rte. A HORTA

N42.18550° W7.79633°
Waypoint

Ponte medieval

Waypoint

Punto xeodéxico en Penamá

Waypoint

Refuxio de Penamá de Gurita

Waypoint

Río Arnoia

Waypoint

Sendeiro entre carballos

Waypoint

Verde campiña

Waypoint

Xardíns no paseo do Río Arnoia

Hozzászólások

    You can or this trail