Megtekintve 2624 alkalommal, letöltve 36 alkalommal
közel Marín, Galicia (España)
A ruta do Monte Penizas, permite achegarnos ao interior de Marín, nun percorrido dunhas 4 horas de duración. Compaxinando natureza e patrimonio poderás achegarte a espazos como a Finca Briz, o castro da Subidá e as paraxes do Monte Penizas, pasando polo campo de tiro da Escola Naval, onde atoparás as súas antigas trincheiras. Pero tamén poderás achegarte aos dous exemplos de arte románica que Marín conserva, a igrexa de Santa María do Campo, xunto co menhir de Currás, unha pedrafita prehistórica, como poucas existen en Galicia.
Hozzászólások