Megtekintve 3415 alkalommal, letöltve 25 alkalommal
közel Marín, Galicia (España)
Nesta ruta, dunhas dúas horas de duración, percorrerás o litoral de Marín atopándote con fermosas praias, a maioría delas con bandeira azul. Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, Ribeira e a praia do Santo son os seis areais da ruta.
Descubrirás un pobo ligado ao mar, dende a propia Escola Naval, o porto de Aguete ou a fermosa paraxe entre a praia de Loira, coa súa fábrica de salgadura, e a do Santo.
Este sendeiro que une praias de grande calidade nas súas augas e servizos, foi tamén distinguido como sendeiro azul.
Hozzászólások