Moving time  egy óra 43 perc

Idõ  egy óra 46 perc

Koordináták 1345

Uploaded 2019. szeptember 15.

Recorded szeptember 2019

-
-
43 m
8 m
0
2,0
3,9
7,83 km

Megtekintve 58 alkalommal, letöltve 3 alkalommal

közel Dodro, Galicia (España)

Ruta "Inchadiña Branca Vela"

¡Qué inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
"Palomiña, ¡voa!, ¡voa!"
De Cantares Gallegos
Rosalía de Castro
Percoremos as Veigas de Lestrobe e os lugares que Eduardo Rivo retratou onde a "Inchadiña branca Vela, antros millos corre soa" como decía a nosa Rosalía.
"Para os que se criaron ollando o encher e devalar do Ulla era un soño. Era un soño para os que viron os derradeiros mecos, dornas e galeóns subiren e baixaren coas mareas. Para os de Padrón e para os de Cesures, para os de Laíño e os de Lestrobe, para todos era un soño. O proxecto xurdiu e levouse a cabo dentro das celebracións do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, en 2013. A Fundación Rosalía de Castro propúxolle á Escola de Navegación Tradicional (ENT) Dorna da Illa da Arousa renderlle homenaxe a Rosalía de Castro desde o mar, desde a súa cultura e a súa xente. O punto de partida eran uns versos do libro que se conmemoraba e nos que a escritora describía os encantos da súa Terra de Iria (“Como chove miudiño”) e en concreto unha escena náutica no Ulla, na denominada Ría de Padrón, no mar que din os vellos: “Que inchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / «Palomiña, voa!, voa!». Esa “palomiña” (bolboreta) á que lle fai “arrolo a branda ría”, esa vela branca, misteriosa estrela que navega co casco invisíbel entre o millo, era sen dúbida unha dorna. O soño era, pois, navegar en dorna no mar de Iria, volver incha-las velas e chegar coa marea polo Ulla e polo Sar deica a estatua de Rosalía en Padrón. A ENT Dorna da Arousa, feita de homes e mulleres entregados á causa comunal do mar e da dorna cunha xenerosidade pouco vista, tamén se entregou á causa Rosalía, á causa “Que inchadiña branca vela” e acolleu a idea e mailo soño con entusiasmo. Deseñouse e perfilouse a navegación e preparáronse os detalles da loxística. Sairiamos da praia fluvial de Vilarello, en Cordeiro (Valga). Había que mover por terra máis dunha ducia de dornas. Aliñariámonos fronte a Rosalía amarrados a un cabo de banda a banda no Sar, izariamo-las velas ó son da Antiga Marcha do Reino de Galicia facéndoas flamexar en honra da nosa autora. Logo en terra, cos nosos remos ergueitos, delatores do mar que todos levamos dentro, cantariamos a coro o himno diante dela, feita pedra no Espolón padronés. Que marea viva do verán se axeita en día e hora para arribarmos? Que vento dan os semáforos das predicións? As fiestras do soño estaban xa para sempre abertas."
Anxo Angueira
Presidente Fundación Rosalía de Castro.

View more external

Waypoint

Inicio da Ruta

fénykép

Camiño en forma de túnel

Birding spot

Saída ó mar

fénykép

Camiño entre salgueiros

Információ

Punto de Información das Brañas

O Concello de Dodro posúe un importante espazo de interese natural e paixasístico incluido na Rede Galega de Espazos Protexidos , trátase da zona húmida do esteiro do Ulla, incluído no Sistema fluvial Ulla-Deza, declarado ZEC (Zona de Especial Conservación) sendo tamén Lugar de Interese Comunitario (LIC), e recollido na delimitación da Rede Natura 2000 da Consellería de Medio Ambiente. A Escribenta das canaveiras , subespecie iberoccidental (Emberiza schoenicus lusitánica) , é a xoia da coroa dos nosos humidais , presente nunha escasa quincena de localidades galegas e portuguesas, e que se diferencian morfoloxicamente do resto de escribentas das canaveiras que se reproducen no resto de Europa e Asia. Cría exclusivamenteen zonas encharcadas costeiras ou na súa proximidade. Ten unha poboación moi reducida e depende duns ecosistimas moi fráxiles e está protexida legalmente e catalogada en Perigo de Extinción en Galicia.
Dead-end street

Camiño sin salida

Remata nun regato que morre no mar. Non hai ponte para acceder ó outro lado
panoráma

Punto de Recepción do Concello de Dodro

A Asociación Cultural DORNA na homenaxe a Rosalía de Castro suben polo noso Ulla ata Padrón e paran no Agro das Silvas para que Dodro os reciba.
fénykép

Foto de Eduardo Rivo

Neste lugar Eduardo fixo esta foto xa mítica. ¡Qué hinchadiña branca vela antre os millos corre soa, misteriosa pura estrela! Dille o vento en torno dela: "Palomiña, ¡voa!, ¡voa!"
fénykép

Río Sar

Este é o tramo do Sar que se modificou nos anos sesenta e que trancorre polo Concello de Padrón
fénykép

Río Sar Vello

Este era o antigo curso do Río Sar antes de que se fixera nos anos sesenta o novo cauce completamente dereito. Había o dito: "e mais retorcido que o río de Padrón" polos meandros que este facía e que aínda se pode distinguir pola vexetación de ribeira que o cobre. Dende sempre o curso do río Sar Vello é o que divide os Concellos de Padrón e Dodro.
Birding spot

Desembocadura do Sar Vello

Este tramo de sendeiro transcorrre polo concello de Padrón.
Birding spot

O Ulla

Desembocadura o Sar Vello e o Sar "novo"
fénykép

A Foz

O Concello de Padrón ten aí un merendeiro e un espazo de lecer.
Birding spot

O novo Sar

fénykép

A banda de Lestrobe

Xa decía Rosalía de Castro en Cantares Gallegos: Cómo chove miudiño, cómo miudiño chove; cómo chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove.
Waypoint

Final

Se continuamos 100 metros máis podemos rematar na Área Recreativa do Bosque.

1 comment

  • Fénykép Concello de Dodro

    Concello de Dodro 2019.09.18.

    Un quilómetro aproximadamente transcorre polo concello de Padrón para poder observar o Río Sar Vello e mais parte do Sar Novo.

You can or this trail