Letöltés

Szintemelkedés

512 m

Nehézségi szint

Mérsékelt

lefelé

604 m

Max elevation

455 m

Trailrank

47

Min elevation

140 m

Trail type

One Way

Koordináták

523

Uploaded

2021. január 27.

Recorded

január 2021
Be the first to clap
Share
-
-
455 m
140 m
21,71 km

Megtekintve 192 alkalommal, letöltve 27 alkalommal

közel A Lagoa, Galicia (España)

Menedékház

Casa Eladio

Socio Eladio Argibay. Tel. 0034617214001 eladioargibay@yahoo.esVivienda de uso turístico 8 habitaciones e capacidade para12 persoas. Condiciones especiales para Peregrinos
Vallási helyszín

Capela de Santo Antón de Penalba

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNnLmsqXp2550WSihnb7gPWqtBFjhQ0OBluMtRt=h1440
Régészeti lelőhely

Castro de Penalba

Catalogouno Pablo Eirín (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/paeiro http://patrimoniogalego.net/?p=19100/#respond Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro Descrición:O xacemento consta de dúas terrazas. A inferior é un círculo irregular de 101 m.. A superior ocupa o cadrante NE da precedente cun diámetro de 45m. Sobre ela e ocupando a súa metade setentrional atopase a croa onde se sitúa o Petróglifo da Pedra da Serpe contemporánea do asentamento. Na contorna da terraza inferior, atopamos un talud cun desnivel de 3 a 6m. Formado por pedras e terras de tamaño irregular. Nalgunhas zonas hai unha muralla organizada mentres que noutras temos un parapeto de pedras similares as dun muro. Arredor desde muralla discorre unha rampa de acceso de 1m de ancho. Esta muralla tiña unha finalidade defensiva no seu cadrante sur e oeste mentres que no norte e este contiña materiais de recheo da construción da terraza. A primeira terraza ten unha anchura media de 31m. Nos cadrantes Oeste, este e sur. Mentres que no norte redúcese a un camiño de transito de 6m. de ancho. Todo esta terraza ten un espazo habitable de 6000m cadrados. A datación de diversos materiais coma un anaco de madeira carbonizada atopada no interior dos restos dunha lanza, nos datan este asentamento a principios do século IX a. de C. Estaríamos ante un asentamento estable do bronce final cunha economía agrícola adicada ao cultivo de cereais e a recolección. Nunha época máis tardía o primitivo asentamento foi destruído por un incendio, tras o cal houbo unha actividade de reconstrución outros métodos construtivos como a construción da muralla e da terraza máis acordes cos modelos da cultura castrexa da idade do ferro. Este novo poboado foi abandoado case que sen habitar e a poboación trasladouse ao monte do monte Castelo ou Castro dos Mouros situado a 400m. ao oeste. A finais do século XVII constrúese a capela de San Antonio moi preto da croa sobre os lenzos dunha capela máis antiga. En época contemporánea sufre máis modificacións como a construción dunha rampa de acceso a dita capela, a construción dunha campo de festas nas proximidades ao castro así como a explotación forestal de eucalipto dos terreos. En 1983 e 1987 realízanse diversas escavacións arqueolóxicas, dirixidas Antonio Álvarez Núñez, destinadas a coñecer as estruturas do castro e as súas orixes. Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=19100 http://patrimoniogalego.net/index.php/19100/2012/05/castro-de-penalba/
Régészeti lelőhely

Petróglifo da Pedra da Serpe

Catalogouno Pablo Eirín (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/paeiro http://patrimoniogalego.net/?p=19116/#respond Tradición oral: Os matrimonios sen Fillos que queiran ter descendencia deben ir a noite de San Xoán a copular sobre a pedra levando, como ofrenda, unha cunca de leite para que beban as culebras. O petróglifo sitúase no cume do castro de Penalba, sobre un penedo granítico, dende onde se pode ver una gran panorámica do val do Lérez. Nese lugar celébrase a romaría de San Antoniño. A rocha está orientada cara ao este , cunha parede case vertical. Representa unha serpentiforme de gran tamaño de aproximadamente 2 m. Para algúns investigadores son dúas serpes no momento do apareamento. Este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno ao século. VIII-VII a. de C., como parte integrante de ese xacemento castrexo. Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=19116 )
Szállás

Refugio de San Antoniño de Penalba

Vallási helyszín

Rectoral de San Mamede

Norma Caldas. Concello de Moraña Espléndido conxunto que forman a rectoral, a torre, o hórreo e o pombal. A rectoral de amil está preto da igrexa de s. mamede de amil, no contorno do santuario dos milagres de Amil. Trátase dunha casa-vivenda de aldea de estructura simple construida en pedra de perpiaño, desenvolvida en dous andares de planta rectangular, cuberta a dúas augas en tella de país e fermosa cheminea. destaca como elemento singular con respecto as casas da mesma tipoloxía, a ornamentación feita con cunchas de vieira nunha das fachadas, elemento decorativo típico das casas da comarca. rodéase de varias construccións para servizo da mesma como son o hórreo e un espléndido pombal. Por outro lado, destaca pegada á casa a torre circular datada en época medieval. varios autores dín que pode formar parte dun conxunto de carácter defensivo máis amplo, segundo indican os topónimos da zona (torre de arriba, torre de abaixo). Tampouco ten desperdicio a muralla que bordea o conxunto xunto cun fermoso portalón de entrada onde unha imaxe dun antigo cruceiro tirado por un temporal adorna o dintel central.
Vallási helyszín

Cruceiro e fonte de S. Mamede

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ orixinal a fonte de san mamede, ubicada a medio camiño entre a rectoral e a igrexa. acompañada dunha cruz de baixa estatura e trazado sinxelo, xuntas forman a parella perfecta.
Vallási helyszín

San Mamede De Amil

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 07.IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE AMIL templo do século xviii, levantado no 1784 ou remodelado nesta data. Caracterízase pola súa planta de cruz latina con muros de cachotería e cadeirado de granito. Ten unha fachada con porta de arco adintelado e recercado de molduras acodadas. sobre ela temos un frontón semicircular partido con hornacina e a imaxe da virxe. as pilastras laterais están rematadas en pináculos e ten unha torre campanario de 2 corpos. presume de impoñentes contrafortes nos muros laterais e a sancristía atópase adosada á cara norte da edificación. Nesta fermosa igrexa parroquial que conta con cornixa en gola,atopamos parte dun curioso viacrucis antigo no que podemos contar ata unha decena de cruceiros onde uns primitivos e outros máis recentes conforman o seu conxunto. Recalcar as vistas panorámicas que ofrece o templo dende a ubicación onde se atopa.
Vallási helyszín

Santuario dos Milagres de Amil

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 08.CAPELA DOS MILAGRES DE AMIL No ano 1842 empezan as obras da nova e actual capela dos milagres de amil, situada no lugar da chan. Faríase cargo dos planos o mestre de obra e canteiro de profesión dn. manuel garcía natural e veciño do lugar de soar da parroquia de s. lourenzo de moraña. o deseño do templo ía ser diferente a tódalas igrexas ou capelas da zona neste caso sería de estilo neoclásico con planta octogonal. Conta con tres portas de acceso e as tres adinteladas elegantemente, a principal con moldura de dobre relieve enmárcase nun pórtico con dúas pilastras e dúas espléndidas columnas toscánicas de fuste e capitel liso. Acompaña un pórtico rematado nun frontón triangular de boas dimensións e sobre éste unha torre-campanario de dous corpos. As obras durarían 50 anos e no interior os espléndidos murais son obra do artista dn. rafael úbeda. aprox. no ano 1972 arránxase o teito da capela e modifícase a estrutura orixinal cerrando a galería existente no teito que bordeaba todo o seu contorno eliminando tamén a baranda que percorría a superficie superior,quedando polo tanto anulada a función que tiña a capela como mirador. O lugar do santuario accédese por unha estilosa escalinata de granito construida entre os anos 1948 e 1952 con deseño de dn. robustiano cochón e estando de cura nese momento dn. José Lado Formoso ó que se lle levantou un busto ubicado na parte central da escalinata. Na entrada ó lugar atoparemos na parte baixa unha fonte con unha pía de pedra e un relevo coa imaxe da virxe, peza primitiva que pertencía á antiga fonte da rozavella datada do 1778 e doada no seu momento polo coñecido arrieiro dn. Sebastián de Castro. A escalinata conta con 72 peldaños e conforman xunto co templo unha espléndida imaxe do conxunto. Tamén destacar do santuario a importantísima romaría que se celebra no mes de setembro e a que acoden miles de fieis. No día da festa as misas empezan as 6 da mañá e na procesión principal do mediodía a virxe acostuma a levar o manto cuberto de billetes, en gratitude e agasallo dos fieis que acuden a facer as súas peticións ou a pagar os favores e ofrendas que a virxe otorga. Catalogouno Xandlinathry (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xandlinathry
Cronoloxía: Século XIX Descrición: O Santuario de Amil érguese nun pequeno outeiro ao que se accede a través dunha grande escalinata de dobre rampla realizada en 1948 segundo o proxecto de Robustiano Fernández Cochón. Baixo a ampla escaleira se sitúa unha fonte dedicada á Virxe dos Milagres, mandada facer por un labrego, Sebastián Castro, en 1778. O templo, de cantaría, constrúese no século XIX segundo o proxecto do canteiro Manuel García Martínez. Como elemento diferenciador posúe planta octogonal. A fachada principal está presidida pola porta de acceso e unha fiestra, ambas enmarcadas nun pórtico entre dúas columnas. Este lenzo remátase cun frontón triangular, no que se sitúa o reloxo, e coróase cunha torre campanario de dobre corpo. O máis destacado deste santuario é a importante e coñecidísima romaría que se celebra no mes de setembro e a que acoden miles de fieis. As misas comezan desde as 6 da madrugada, e as dúas da tarde sae a procesión da Virxe dos Milagres. Resulta moi curioso a inmensa cantidade de doazóns que se fan, sendo típico ver fotos da Virxe cuberta cun manto feito de billetes, aínda que tamén se doan animais e outros materiais.
Ficha Completa http://patrimoniogalego.net/?p=9077/#respond
Kút

Fonte do Santuario

Fonte do Santuario
Kút

Fonte Santa da Rozavella

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 10.FONTE DA ROZAVELLA E de todos coñecida a historia da fonte da Rozavella na que se fala do milagre ocurrido que dí: “certo día dn. Sebastián de Castro veciño do lugar da Rozavella e arrieiro de profesión, estando entrado en anos e ante a necesidade e a dificultade de transportar auga dende o río ata a vivenda para as súas mulas implora á virxe auxilio e axuda. Surxe o milagre e a auga empeza a brotar a raudais, él en sinal de agradecemento manda construir os canteiros da zona, unha fonte no mesmo lugar. E unha fonte de traza moi sinxela dun só cano e unha pía de pedra xunto con un fermoso retablo de estilo barroco e hornacina onde preside a figura da virxe coroada con dous anxiños con ás, ela leva o meniño nos brazos sobre un altillo esferoidal con cabeza tallada as seus pés e a ámbolos dous lados tallados uns candeeiros coas súas velas. tallan na pedra unha lenda que dí:” nuestra señora de los milagros 1778”. Co tempo os elementos máis significativos (a imaxe da virxe e a pía) trasladaranse á base da escalinata da capela dos milagres. Esta discreta e humilde fonte, ubicada ó mesmo nivel do muro, unha vez retiradas as pezas máis relevantes pasará totalmente desapercibida quedando tan só unha pequena talla no muro a que a identifique. Anos máis tarde xa no 1978 levantarase a actual fonte darozavella ubicada case a continuación da primitiva e que luce un pequeno retablo en forma de altorrelevo e debaixo faise referencia as orixes da primitiva e da súa construcción. A lenda esculpida na fonte nova di: “en el segundo centenario del milagroso alumbramiento de este manantial año de 1778-1978”.
Vallási helyszín

O Piñeiro. Cruceiro

O Piñeiro. Cruceiro
Picnic

O Batan

O BATAN. A D´JAVIGIAO https://goo.gl/maps/m6DnqrNm5Vb69qqW7
Waypoint

Mamoas de Laxes

Mamoas de Laxes
Waypoint

O Muiño

O Muiño
Vallási helyszín

Cruceiro de O Muiño

PANORAMIO: https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipO8_cbM697ot3BTpeVdHutswIfgfLg55zP5pMSS=w1440-h1440-pd
Vallási helyszín

San Martiño de Gargantáns

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ Hai unha vella lenda coñecida en moraña que conta que o nome de gargantáns ven da forma xeográfica que ten este lugar no mapa xa que simula unha “garganta” entre os ríos e valles que a arroupan. parroquia que pode presumir dunha igrexa que data dos séculos xii-xiii, e que posúe abundantes elementos propios do estilo arquitectónico románico que se conservan a pesar das reformas feitas posteriormente. Presenta planta de cruz latina con capelas laterais, mantense a ábsida semicircular orixinal da nave e a parte do muro sur. A ábsida ábrese á nave na súa parte interior por un arco triunfal de medio punto sobre columnas de fuste liso e capiteis de decoración vexetal; no exterior conserva a ábside semicircular primitiva con 4 columnas adosadas con capiteis decorados mentres no tramo central presenta un rosetón con celosía tallada en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. o rosetón está flanqueado por dúas fiestras rematadas en arco de mediopunto con celosías. O rebordo da igrexa luce unha ornamentación rica e variada. A fachada do templo é de estilo barroco, século xviii e presenta unha fermosa porta de entrada adintelada e recercada con moldura plana. Sen dúbida unha xoia do románico. http://patrimoniogalego.net/index.php/12775/2012/01/san-martino-de-gargantans/#respond
Catalogouno Xandlinathry http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xandlinathry
http://patrimoniogalego.net/?p=12775/#respond
Descrición:
Da igrexa orixinal só se conserva a ábsida que conta cunha colección de canzorriños zoomorfos e vexetais, e con catro columnas tamén decoradas con capiteis. Curiosamente un dos canzorriños tamén está na próxima igrexa de San Pedro de Rebón. Na parte central conta cun rosetón e dúas ventanas máis pequenas con fermosas celosías. O estado de conservación e excelente. No interior conta cun arco triunfal de medio punto decorado con capiteis vexetais. Na entrada da igrexa atópanse moitos sepulcros antigos que conservan as súas laudas. E tamén fora, atópase un cruceiro con inscricións moi desgastadas na súa base.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12775
Vallási helyszín

Cruceiro de San Martiño de Gargantáns

https://maps.google.com/?cid=6729911263986113801
Foto de Jose Manuel Mouriz Cabalo Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 17.CRUCEIRO DE SAN MARTIÑO DE GARGANTÁNS Este cruceiro coñecido como cruceiro da igrexa foi trasladado hai uns anos a ésta ubicación dende terreos do igrexario un pouco máis arriba. Ten dúas gradas con mesa adosada. o pedestal é cúbico e ten inscripción: “icose a costa de cosme ferro ano de 1676” Ten o fuste cilíndrico acanalado. O capitel é unha continuación do fuste A cruz é octogonal rematada en cuadrado e con roseta Anverso cristo totalmente pegado á cruz Reverso virxe moi sinxela rezando Este cruceiro é o máis antigo de moraña con inscripción.
Kút

Paraños. Fonte e Cruceiro

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/
Régészeti lelőhely

Castro de Paraños

Régészeti lelőhely

Lapa de Gargantáns

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ Ubicado na parroquia de San Martiño de Gargantáns Pedra de granito de forma triangular apuntada, base de sección cuadrangular e lados asimétricos, un recto eo outro convexo. Presenta múltiples coviñas, varios signos en forma de ferradura, unha escotadura na parte superior e unha forma serpentiforme cotexando a superficie. Ten unha altura de 2,35m, sobresaíndo 1,92m. sobre o nivel da terra. E un dos menhires máis famosos de Galicia, grazas a súa forma e os gravados,vinculada ó neolítico e o megalitismo. Está datado do 3000-2000 a. c. Foi descuberto polo mestre dn.Carlos Paratcha no ano 1958. Hai varias interpretacións da súa función, investigadores opinan que puido ser un hito funerario ou relixioso, outras creen que puido ser un símbolo fálico da fertilidade e tamén hai que considera que tamén puido ser un linde separador entre territorios de tribus ou incluso monumento adicado o sol. A día de hoxe está presente e protagonista en Moraña, tanto que a súa figura forma parte do escudo do concello.. Catalogouno regueifeiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/regueifeiro)
Rating: 3.8/5 (5 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=1074/#respond))
Descrición:
Menhir situado na parroquia de San Martiño de Gargantáns en Moraña (3.500 a.C. - 2.000 a.C.) Ten unha altura de dous metros e na súa superficie ten talladas cazoletas, serpes e ferraduras.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=1074)

Kút

Fonte de Alende

Vallási helyszín

Cruceiro de Muimentos

Vallási helyszín

Sta Xusta De Moraña

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 23. IGREXA DE STA. XUSTA DE MORAÑA Igrexa de estilo barrroco compostelán datada do século xviii e levantada no mesmo lugar que a anterior, e ésta de menores dimensións. Presenta planta de cruz latina con nave central e dúas laterais. No interior, arco triunfal de medio punto sobre pilastras, cruceiro máis alto con bóveda de crucería, brazos con arcos de acceso de medio punto e nave cuberta con bóveda de medio canón con seis arcos faixóns sobre ménsulas ata a liña de imposta. A fachada principal destaca pola súa asimetría xa que conta cunha torre-campanario cuadrangular nun lado o que se accede polo lateral dereito do templo, no outro lado unha interesante espadana dun oco neutro compoñen a estampa do templo parroquial. Resaltar tamén a fermosa porta adintelada con molduras acodadas e rematada cun tímpano traballado triangular e a imaxe da virxe coroada con 2anxos os pes e unha inscripción que data do ano 1767. Tamén conta a igrexa cun reloxio de esfera de importantes dimensións na fachada `principal. a virxe de sta. xusta é a patroa de moraña e o día grande festéxase o 19 de xullo. https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipPktTqcWI91m44Em-4MQkE9JCuW-2GTWepjuowT=h1440
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/07/19/parroquia-santa-xusta-bebe-agua/1719113.html
Kút

Fonte de Santa Xusta

http://www.xoanarcodavella.com/2014/04/fonte-de-santa-xusta-morana.html Fonte medieval de Santa Xusta: fonte milagreira situada detrás da igrexa parroquial de Santa Xusta que data do século XVI. A sona das súas augas curativas, pois tiña propiedades milagreiras para as feridas e outros males, estendeuse por toda a xeografía galega e achegaba a multitude de persoas para saborear a auga que curaba todos os males. Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 24.FONTE DE STA.XUSTA Fonte de pedra de mediano tamaño e pouca labra granítica situada nas inmediacións da igrexa de sta. xusta. está datada do século xvi, formada por sillares con moldura sinxela. Na parte superior de pedra presenta unha inscripción coroada con dúas ameas que no seu tempo primitivo irían acompañadas probablemente dunha cruz no centro. Estivo durante séculos soterrada totalmente ata que o 8 de setembro de 1931 desentérrase estando de cura párroco dn. Juan Iglesias Bergueiro. O seu estado actual débese a reedificación que sufriu no ano 1938. A lenda esculpida na pedra di:“esta fuente se hizo a costa de Sta.Justa año de 1501” Durante anos acudían centos de fieis de toda a contorna a beber desta auga a que lle adxudicaban propiedades curativas.
Vallási helyszín

Cruceiro de Sta Xusta

Cruceiro  de Sta Xusta
Vallási helyszín

Rectoral de Sta Xusta

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/
Vár

Pazo. Casa da Rapeira

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/
Vallási helyszín

O Casal. Cruceiro e Animas

Vallási helyszín

Chaián. Cruceiro

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/
Vallási helyszín

San Martiño de Laxe. Cruceiro da Fontenla.

Norma Caldas. https://morana.org/cultura/vida-cultural/instalacions-culturais/ 31.IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAXE Igrexa con planta de cruz latina cunha nave central e dúas laterias. a central está cuberta con bóveda de crucería dunha clave e os nervios descansan en ménsulas. no centro, arco triunfal de medio punto sobre pilastra cadrada e muro cuberto por bóveda de crucería. Presenta brazos de medio canón transversal á nave earcos faixóns de medio punto sobre pilastras. A súa portada é un claro exemplo do estilo imperante na zona no século xviii, mostra do fino traballo dos mestres canteiros locais. Na fachada principal atopamos a torre-campanario situada á dereita, de tres corpos de altura que estiliza e engade máis beleza ó templo. Resaltar da porta de entrada o arco de medio punto e a hornacina situada na parte superior onde se atopa unha antiga imaxe de San Martiño. No interior consérvase unha interesante cruz de prata de principios do século xviii, obra do importante prateiro compostelán Domingo Trianes. Nesta parroquia celébrase dende o século xvi unha peculiar e espléndida procesión de madrugada de longo recorrido por tódolos lugares da parroquia na honra de San Roque, orixinada (a dicir da tradición) pola necesidade de que o santo protexese de pestes, enfermidades e epidemias a poboación. E unha das derradeiras que quedan do seu tipo que seguen a ter lugar en galicia.
Híd

Pontella do Umia

Híd

Ponte de Nieto

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipP9hCugX4TFsV-k3yL9tezPJul63HU_Ic9-8Y9o=h1440 

(https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18780494)
Luis do Freixo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=382089)
Vallási helyszín

Meira.Capela da Madalena

http://www.concellodecuntis.es/index.php/ermidas-capelas-e-santuarios/magdalena-de-meira
É a capela da Magdalena de Meira un dos templos rurais cuntienses máis antigos, do cal xa hai testemuños da súa presenza no ano 1607, polo que se lle supón a súa existencia, cando menos, no S. XVI. Nela, ademais de venerarse a María Magdalena, cada 6 de xaneiro rememórase o episodio bíblico dos Reis Magos.
Sitúase nunha pequena carballeira centenaria, na que antigamente se celebraba unha das máis importantes feiras da contorna e á que acudían persoas de moitos lugares co propósito de vender trebellos do campo, gando, produtos agrícolas,... Até comezos do S. XX e dende cando menos o S. XVIII o lugar da Magdalena -ou de Meira- serviu de punto reunión de camiñantes, de celebracións relixiosas e romarías populares, de xuntanzas de grupos agraristas e de epicentro comercial.
Vallási helyszín

Meira. Cruceiro

Híd

Pontillón e levada

https://www.wikiloc.com/hiking-trails/lf-cuntis-troans-18780489/photo-11809764
Híd

Poldras do rio Gallo

https://s2.wklcdn.com/image_12/382089/18780492/11809763Master.jpg
Poldras do rio Gallo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18780492)
by Luis do Freixo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=382089)
Coordinates (lat,lon): 42.626058,-8.564387
Waypoint

Pontella. Rio Gallo

Puente. Rio Gallo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18780490)
by Luis do Freixo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=382089)
Coordinates (lat,lon): 42.630979,-8.564326
Elevation: 222 meters
Vallási helyszín

Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis

http://www.concellodecuntis.es/index.php/templos-parroquiais-e-conventuais/santa-maria-dos-banos-de-cuntis
Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano) http://patrimoniogalego.net/?p=61642/#respond
Igrexa de planta de cruz latina situada no centro da vila, no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior. Foi reconstruída na primeira metade do Século XVIII a partires da fábrica da súa predecesora románica, moi posiblemente do século XI, cando formaba parte do cenobio do mosteiro de Santa María de Termis e pola doazón que lle fai o Arcebispo Xelmírez a Dona Urraca no ano 1116 coa sinatura do Abade de Cuntis como vicario de Xelmirez. Nas súas inmediacións acháronse sepulturas do altomedievo e incluso da época sueva. Destaca tamén nun sillar do muro septentrional do cruceiro, no exterior, dunha inscrición dunha lápida sepulcral cunhas dimensións de 143 cm de longo por 41 cm de ancho. Segundo recolle Figueira Valverde "esta inscrición achouse cavando os cimentos da igrexa nova. E di así: ERA 1116 et 2Ids Martii memori credens Abbas Adulfus fecimus". Existen diversas interpretacións tanto para a súa lectura como para a súa trancrición. Segundo García Romero pódese ler: "+ ERA . T . C XVI : ET III + DS MMRIA R EO + CELES ABB . + . ADAVLFVS : FECIMVS". Transcribíndoa da seguinte maneira: O ano 1078 tres días antes dos Idus de Marzo fixemos memoria o célebre Adaulfo". García Carro transcríbea así: "ERA . I. C . XVI : ET III IDS MR. MEMORIA CRES . ABBA + ADAULFVS : FECIMUS". Na súa fachada destaca a torre cuadrangular apegada á esquerda da fachada que na súa parte dereita ten unha espadana dun corpo e un só oco con arco medio punto sostido por machóns moldurados onde leva a campá. Séguelle unha cornixa moldurada cun acroterio piramidal no medio flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla. A torre, formada por tres corpos, arranca dende abaixo chagando á altura co cume do teito da nave onde se sitúa o segundo corpo cinguido por unha fermosa balaustrada de tipo compostelano. Neste segundo que arranca con arcos de medio punto sobre piares moldurados que soportan as campás; o derradeiro corpo fórmao un tambor de planta hexagonal con seis arcos de medio punto, cinguido tamén por unha balaustrada igual ca inferior e coroado por unha lanterna cos nervos remarcados. No máis alto fica rematado por un pináculo con bóla.
Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=61642
http://patrimoniogalego.net/index.php/61642/2014/06/igrexa-de-santa-maria-dos-banos-de-cuntis/
Emlékmű

O Hospitalillo

Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano) Outra denominación: Pazo de Ximonde e Casa Grande dos Castro
http://patrimoniogalego.net/?p=61650/#respond
Descrición:
Pazo fundado no século XVII, foi asilo dos pobres, que podían tomar os baños gratuitamente no balneario. É propiedade da Xunta de Galicia dependendo do concello por cesión. Coñecida tamén como a Casa Grande dos Castro, é unha das arquitecturas señoriais máis importantes do núcleo urbán cuntiense. Localizada ó carón da igrexa parroquial, nun dos lados que conforma a cuadrangular Praza das árbores, serve esta antiga morada fidalga de Casa da Cultura municipal e leva o nome dun dos fillos ilustres de Cuntis, Roberto Blanco Torres. A edificación sufriu numerosos cambios estruturais, como así o demostran as cicatrices marcadas na pedra. No século XVII xa estaba en pé, no entanto será a finais do XVIII cando se acometan as obras que lle outorgarán maior fermosura aos seus muros e á fachada principal. É un edificio barroco de planta rectangular, que conta cunha altiva cheminea, grandes "ventás de aire", un amplo balcón e dúas fermosas pedras armeiras na súa fachada principal. Foi a residencia do II Conde, D. Pedro María de Cisneros, cando ía ó Balneario de Cuntis, polos seus males reumáticos, balneario que contribuíu a mellorar e modernizar.
Ficha completa en patrimoniogalego.net
http://patrimoniogalego.net/?p=61650
Kút

Fonte dos catro canos

Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
(http://patrimoniogalego.net/?p=88477/#respond))
Descrición:
No centro da praza podemos ver esta fonte que, segundo a súa tipoloxía escultórica, podería ser da segunda metade do século XIX. Consta dunha pía circular cunha estrutra central de mármore con catro canos de bronce figurando ser cabezas de serpe. No pasado a fonte posuía un entramado na súa parte superior para suxeitar candeas. A fonte non se atopa no seu lugar orixinal, xa que a comezos do século XX foi trasladada dende a contigua Praza do Ferrol.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=88477)
Kút

Fonte da Rúa Real

Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
Outra denominación: Burgas do Balneario // Baño Romano
(http://patrimoniogalego.net/?p=88485/#respond))
Descrición:
Fonte parcialmente soterrada con dúas escadas. Posúe un só cano do que sae auga quente. O máis interesante deste lugar é que neste lugar sitúase un baño romano con capacidade para corenta persoas. Os estudos arqueolóxicos falan dun vaso de forma irregular cos muros de cachotería e o fondo de lousas de pedra. O conxunto tiña unhas proporcións moito máis grandes que a praciña onde está esta fonte, chegando a ocupar parte dos cimentos das casas anexas. A localización deste baño romano foi grazas á reforma da praza realizada no ano 1831 polo director de baños Jacobo Fernández Mariño. A descrición da época falaba deste lugar da seguinte maneira: "En junio de 1831 descubrió el director Mariño, debajo de un manantial de agua mineral que brotaba en medio del pueblo, un grande baño de construcción romana, a la profundidad de dos varas bajo el nivel de la calle. Las paredes de este baño eran muy compactas y estaban formadas con argamasa y piedras muy menudas, y el fondo del piso con losas de diferentes magnitudes y figura irregular (...). Las paredes de este baño en la calle principal del pueblo no permitió que se aprovechase y se cerró perfectamente sin destruir la fábrica, elevando sus antiguas paredes cubriéndolas con piedra de sillería y dividiendo el agua en dos prociones iguales, una para fuente pública y otra para conducirla por caños a la casa de baños de Sta. María, que dista 38 pasos..." Nesta descrición do médico Mariño menciónase que este baño posuía unhas escaleiras nos seu interior para poder baixar a bañarse, menciona tamén que se atopou unha figura dun edil romano ou unha minerva médica, e unha inscrición que se perdeu.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=88485)
Vallási helyszín

Cruceiro e ánimas da Pereira

Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
http://patrimoniogalego.net/?p=90065/#respond
Cruceiro que nace sobre tres grosos chanzos coas arestas rebaixadas. A súa base aparece decorada con caveiras nos vértices e unha serpe. A continuación o varal, de sección octogonal que perde corpo a medida que sube. No capitel, profusamente decorado, podemos ver tres cabezas de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Dolorosa cunha espada cravada no peito no reverso. O peto de ánimas, de tipo aberto, aparece pegado ao cruceiro. Nel podemos ver un retablo con varias imaxes entre as que destacan a pomba do Espírito Santo, San Francisco e a Virxe. Na parte baixa aparecen cinco almiñas, unha delas con cordón. O retablo, que no pasado estivo policromado, posúe unhas inscricións hoxe ilexibles. Aos pés do retablo podemos ver o caixón das esmolas. Este elemento etnográfico atópase no adro do Convento de San Bieito de Pereira de Cuntis.
Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=90065
Vallási helyszín

Convento de San Bieito de Pereira

http://www.concellodecuntis.es/index.php/templos-parroquiais-e-conventuais/san-bieito-de-pereira
Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
Outra denominación: Convento benedictino de San Bieito de Pereira
http://patrimoniogalego.net/?p=90305/#respond
Descrición:
Edificación feita en pedra granítica, con planta de cruz latina con engadidos posteriores. Na súa fachada principal, de estilo neoclásico, podemos ver unha porta de acesocon arco de medio punto. Sobre ela aparece unha fornela presidida pola imaxe do patrón. Máis arriba unha ventá cadrada e un frontón moldurado con remates en pináculos de copa nos laterais e cruz de ferro no cume. No interior podemos destacar o altar maior (que olla cara ao solpor). Tamén destacan varias imaxes, como un San Bieito e a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao popular "Demo de Pereira", escultura na que se representa ao arcanxo San Miguel que mata a Satanás. O aceso ao recinto realízase por medio dun portalón coroado cunha cruz de pedra e un par de pináculos. No adro podemos ver un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/90065/2016/11/cruceiro-de-animas-do-convento/) Esta igrexa forma parte do convento de clausura creado no ano 1868 por Carme Baliñas de Castro, unha fidalga natural destas terras, logo de tomar os hábitos.
Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=90305

Hozzászólások

    You can or this trail